Inauguro o primeiro do que agardo seña un fío de posts que comparta nome e espírito. Tomo o nome dunha das meirandes obras mestras do gran Kurosawa coa intención de respetar o espírito da mesma. Para os non doctos Rashomon é un dos filmes chaves de Akira Kurosawa director xaponés, un dos grandes da historia do cine. Nela cóntase a historia dun mesmo crime dende varios puntos de vista completamente distintos dependendo de quen, como, e de que xeito é contada.
Aquí vai o meu grao de area
Entrada: 35 euros
Churros e chocolate: 18 euros
5 puros: Non me lembro
Beber catro vodkalimón a ritmo de Bender, Fumar un purito ao unísono co C.T, Cantar unha canción de Maná, Descubrir con Fenicia que o camareiro ten Marlboro, Sobar a Salmonero, Ser o manager do H2O, Beber un Burmanflash e Berrar con Fre por unha baixa por diversión
NON TEN PREZO
Se me restase un só día de vida non coñezo mellor compañía, nin mellor lugar nin contexto no que pasalo. E iso é moito máis do que alguen coma mín pode desexar.
GRAZAS
PD: Urizen:-¡Me he enamorao!-
Salmonero: -¡Qué rápido te enamoras tu!-
PD: Urizen:-¡Me he enamorao!-
Urizen:-No te haces ni idea-
2 comentários:
Non teño palabras... ¡GRANDIOSO!
Ogallá veñan moitos máis así, aínda que de seguro será complicado.
Un saúdo.
P.D.: ¿Por qué agora aparece unha web de publicidade cando entramos no blog?
Your blog keeps getting better and better! Your older articles are not as good as newer ones you have a lot more creativity and originality now keep it up!
Enviar um comentário