Insuperable. Inmellorable. Inesquecible. Non teño outras palabras que non sexan esas. Rematou o ano 2006, e tan só 2 horas despois, este que vos escribe estaba acompañado desa xentiña que vedes na foto. Non teño ningunha dúbida de que foi o mellor fin de ano que pasei na vida. Se lle teño que poñer un "pero", que sexa o de que a noite non durara máis.
Tiña que resarcirme do que acontecera o ano anterior, e así foi. A ausencia de A no fin de ano do 2005 foi tapada nesta ocasión, algo que xa era de por si reconfortante. E despois, adquirimos nas últimas horas do clausurado 2006 a unha pseudo-punkarra que tiña pensado ir a LP45 en lugar de acompañar ó parcialmente desmembrado Comando Turko. Sen embargo, todos sabemos que dende Mallorca, dalgún xeito, Zeltia e Berto tamén brindaron con nós.
Era ó redor da 1:15 cando chamei á porta do "Centro Social O'Baixo". Recibiume un Urizen aínda sen alistar, pero preparado, coma tódolos demáis, pra pasar unha gran noite... ¡e tanto que foi así! E mentres agardaba polo mestre dos puritos, chegaron ó lugar de reunión Fenicia e Salmonero. Impactante escena á de Fenicia, máis punk ca nunca, con gravata e os Converse novos do paquete.
No Centro Social preparábase outra festa, pero nós xa íamos camiño da nosa.
Pasados uns minutos das 2 da mañá recollíamos a A na esquina da rúa onde se situaba o local onde se celebraría o festón. Hai que decir que nese momento Bender xa corría canda nós. 2 minutos de baixada e... ¡¡¡O COMANDO ESTABA PRESENTE!!!
Corrían os vodkas con limón para Bender, Fenicia e Urizen, o bacardi con trina de mazá para A e o Ron con cola e laranxa pra Salmonero e pra min respectivamente. Sonaba música moi distinta pero non moi desgradable. Sorprendente ver salir as letras de Maná da gorxa de Urizen, mentres A bailaba sen parada, coma se lle deran corda previamente ou lle incrustaran unhas baterías Duracell nas costas. Salmonero e máis eu... ó noso.
Chegou o momento purito e o momento "brindis" polos que non estaban. A algunha había que lembrarlle que o fume do puro non se traga para que non lle dera un mal, pero o certo é que tiraba del con estilo. Grandiosa foi a idea de Urizen de traer puros pequenos, non coma os do ano pasado que causaron estragos, polo menos neste que hoxe redacta estes feitos.
Seguimos con máis baile, máis fotos, máis cancións, máis Sabina, máis "Dulce castigo", máis "Baja por diversión" a cargo de Urizen e Alfredinho, máis mostras de amor, máis abrazos, máis bicos, máis alcohol, máis pitillos, máis festa, máis, máis, máis.... ¡MOITO MÁIS!
A noite fíxose moi curta. Demasiado curta. Algunhas desfaleceron por cansancio, pero penso que na súa memoria e na de todos nós quedará o fin de ano 2006. Grandioso. Impresionante. Insuperable. Inmellorable. Inesquecible.
Tiña ó meu redor á xente que máis quero, a A (nobody like you), a Salmonero (que cos abrazos que me deches vas servido pra todo o ano eh!), a Bender (si, si, si, nenita), a Urizen ("hay días en que valdría más que la noche fuese más larga"), a Fenicia (¿a que nunca pensaches en deixar LP onde está?), a David (que a pesar de non ser membro do C.T. é unha grandísima persoa).
Son grandiosos. Todos eles, sen excepción. Valen moitísimo máis dos 35 € da entrada, dos 2,40 da ducia de churros pra familia, dos non sei cantos €urazos de taxi e de tódolos cartos do mundo. E o ano que vén... ¿repetimos?
¡Un saúdo meus queridos compañeiros do Comando! ¡Brindo por todos vós!
P.D.: ¿Alguén se lembra dun socialista? xD
2 comentários:
Bueno bueno... Ni una mención a la gran reportera gráfica a la que le debeis una, por ese reportaje que os han hecho... :P Xa vos pasarei o cd.
BIkos para todos!
Reportera gráfica???' El asueño que me hace decir tonterias... O será los restos de alcohol que corren por mis venas????
Un biko de la reportera más dicharachera!
Enviar um comentário