segunda-feira, janeiro 08, 2007

E o camareiro tiña Marlboro (Rashomon e fin de ano III) por Fenicia

Máis vale tarde que nunca.


Unha semana despois e aínda cunha cea e un día de Reis polo medio, vouno facer, o meu primeiro post.

Cheguei a Coruña a causa dunha servilleta da Cova dividida en dúas columnas, pros e contras, algúns repetidos e outros inventados, pero dun ou doutro xeito, o certo é que rematou o ano sen que eu tivera que volver pisar LP.Grazas.

Un mafioso de gravata branca abriume a porta do baixo, e despois dun saúdo e dun malicioso sorriso, tivo o pracer de ser o primeiro en chamarme punkarra esa noite (que non o son, por certo). E no tempo que tardaba este home en contarme o conto da gota asasina de móviles chegou Salmonero e apareceu o señor da casa. Imos logho.
De camiño engadimos ó pelotón ó tipo do pano na gorxa e a unha deslumbrante Aliza.
Despois disto...música, vodka, tabaco, puritos, ¨estás feita unha punkarra¨, Erpeche e a Húngara e sabe dios cantas cousas máis.

Que un camareiro che dea un Marlboro ás oito e pico da mañá, non ten prezo.


¨Que noite a daquel día.¨



Só podo dicir que grazas por todo o foi e o que será, pola compaña, pola aprendizaxe, polo ben que o pasamos e polo licor café de tódalas findes.



P.D. cero LP45

5 comentários:

Salmonero disse...

Yeah girl! All we need is your love! (q Jorge me ha quedado esto...). Y como me he fijado que dedicas una frase del post a tu aprendizaje, sólamente decir que próximamente se impartirá una clase magistral en el Centro Social C.T. de "Cómo quitarse los pelos de la lengua con una escobilla de wáter", acompañada claro está del primer fascículo de "Consigue hacer tu propio estofado" de Ediciones Collonas...

No las dejes escapar!!! A ninguna!!!

Alfredinho disse...

Ei Salmonero! Non te esquezas do "polo á cervexa" que nos vai preparar moi gustosamente a redactora deste entrañable post mentres se imparten esas clases das que eu non tiña noticia.
E por certo... chámase "Centro Social O'Baixo" (bautizado por min)

Noraboa Fenicia! Xa caeu o primeiro post! A partir de agora saen coma churros!
Grazas polo de mafioso!

Na servilleta da Cova non poñía nada repetido nin inventado. Poñía a realidade ;)

God save the licorca (clandestino e da casa, por favor)

Urizen disse...

"Pólo a cervexa" e ensalada para mín, ou algo de peixe, salmon frixido ao merengue por exemplo (ac,ac,ac) mmmmmmmmmmmmmm.

Remodelei titulos e xustifiquei o texto para darlle máis lustro e que pareza menos punk.... punktuado XD

PD:agora so falta o de sempre...

Fenicia disse...

Si, si, pólo, salmón, estofado e o que queirades. Pero puntualicemos, EU NON SON PUNKARRA! (a ver qué vai pensar a xente...)

Anónimo disse...

Punkarra tí?? Veñaaa!!! Se cadra un pouquiño escura, pero só nas apariencias!!

Vémonos o martes supoño... Non traduzas moito! ;)

(Por certo... xa atopei as fotocopias...)
Bikiños!