Quizais Fredo teña razón, quizais non sirvan as excusas, quizais este é un blog de fin de semana de dous días de cada sete e non de día a día, quizais seña patético non actualizar en 21 días, quizais haxa días nos que sería mellor non saír da cama, entre a dor e a nada escollímos a dor?.
Quizais un só post de Salmonero cunda máis que mil meus, quizais debamos comezar a subir os capítulos de Prison Break, ou os vídeos de Paris Hilton, ou poñer fotos do cu de Jessica Alba, quizais ser doutra forma, romper a rutina, partir unha estrela e repartirmonos as rafas, ou seguir o ronsel desta singradura a fín de non sentírmonos S.O.S no cuadrante estantío das estrelas, poderíamos chamar por Kerouac porque antre nos hai un río de tristísimo outono, Quizais o teito sexa de pedra, de pedra sexan os muros i as tebras, de pedra o chan i as reixas...os corazóns dos homes que ao lonxe espreitan...
Quizais sexamos nós de pedra enfeitizados pola Gorgona na que se está a converter este Xaneiro que remata e o Febreiro que comeza, e que quizais sexa a gran besta que engulíu a Harvey. Quizais as nosas vidas son os ríos que van a dar a la mar, onde as armas e os Barôes assinalados que, da Ocidental praia Lusitana, Arma virvmque cano, troiae qvi primvs ab oris italiam, fato profugus, Du Dunkelheit, aus der ich stamme, quizais sexa mellor reflexar e non falar, quizais se agardamos no silencio...Escoitaremos: Prometo estarte agradecido...

P.D: Parafraseo de memoria... e escribo sen correción
3 comentários:
Ismael Serrano... lo sabía... esto es el apocalipsis...
Hai que cambiar os links, que agora que lle metetes o do C.S. xunta eso co título dos seguintes... non sei se me explico... ti pincha enriba do link do C.S. e mira o que pasa...
amañado copiei os códigos tal e como estaban e nin sequera estaban pechados...todo amañado agora
Enviar um comentário