quinta-feira, agosto 31, 2006

Xa estamos aquí


Pois sí, pois sí... ¡Por fin naceu o fillo que tanto agardábamos! ¡Sin tempo xa non era! Non sei todavía quenes somos os privilexiados autores/editores deste blog, pero agardemos que fagamos deste novo proxecto un medio de comunicación máis para contar as inéditas e incríbles historias do Comando Turko.

Como presentación podemos contar de nós que somos unha xentuza básicamente coruñesa (aínda que este que escrebe declárase independiente), disipada por toda Galiza por motivos académicos. O Comando Turko está formado polo Consello de Sabios que pouco a pouco iremos presentando, e temos no licor café a nosa poción máxica particular.

Así, como presentación, chega d'abondo. Propoñolle ó señor administrador supremo que fagamos esa presentación membro por membro, e que conte, ademáis, cómo naceu este proxecto, ou mellor dito, conte vostede mesmo os comezos do Comando Turko.

Un saúdo.

domingo, agosto 27, 2006