quinta-feira, janeiro 17, 2008

terça-feira, janeiro 01, 2008

A China...A Casa....¡¡¡A Valor!!!


Resumen Resumido que son as 18:35 do día de ano novo e a unidade de Red Bull con tequila non me da para máis:

Traxe, garabata e patillazo involuntario antes de saír. Zeltia contándoche que a súa nai a comparou cunha bruxa antes de saír da casa, ver a cara de Berto flipeiting co Assasin's Creed.

Chegar á cova, aprender que Bender ten un sentido da moda e da elengancia profundamente intemporal: "-A mí me sale siempre todo como el OGT pero lo apaño de cojones-", o primeiro Red Bull da miña vida... e con tequila, auga, conversas Luísticas sobre Amy Winehouse e demáis, a muller de vermello e un de Guitiriz ¡¡¡Extra, Extra!!!, auga, Un peixe e un gusaniño os dous Mar Adentro e sobor dun "barquito de cáscara de nuez" cantan mellor que ninguén, auga, descubrirme menos Pepiño Grilo e máis "Most wanted older Brother", amosar o pouco fotohixiénico que son, descubrir tatuaxes á xente, auga, asistirmos a un amago de ostión por parte de Bender e sufrir o conseguinte chiste pola miña parte, un sirtaki, auga, ver a Fenicia ao borde do combo de 125 hits con Fatality incluido contra un anán!!!!!! Hai que fumar, vamos, hai que fumar!!!, auga, uns que se quedan outros que marchan, o Parlamento feito un cristo, Shoe to the mouth, facer unha visita a Mrs. Liddell antes de coller valor para ir a valor, facer un saio coa dieta por un día, buses, carreiras, bicos efusivos...

...a fín non sei cantas porras e 5 chocolates pero só unha tradición... que desexaría ter o pracer de manter por toda a vida, e xa non hai auga...Bo aninovo.