quarta-feira, maio 30, 2007

De festa en festa

Antes que nada dicir que me parece BASTANTE mal a falta de uso deste noso blog. Agardei ata hoxe (non sei moi ben por qué) pra que alguén fixera algún comentario sobre a noite da Ascensión en Santiago, aínda que só fora por dicir "que lleno estaba el Opencor, tío", pero nada, sodes impasibles, e penso que non costa nada poñer "paseino ben", "paseino mal", "bebín pouco", "bebín moito" ou "que ben se durme no sofá de Alba".

En fin... visto o panorama decidín aventurarme a poñer algo, que non sei o que sairá, posto que mañá teño exame e en lugar de estudiar estou escribindo aquí para o voso gozo e disfrute (ou todo o contrario).

En fin... ó que vou. Achégase o vrán e con el as festiñas por aquí e por aló. De momento, que eu saiba, temos o seguinte:


FESTIVAL DE ORTIGUEIRA: 5, 6, 7 e 8 de Xullo



FESTA DO PERCEBE DE CORME: 6, 7 e 8 de Xullo (aínda que o plato de marmitako preparado por miña nai sírvese só o día 7)



CARBALLEIRA DE ZAS: 4 de Agosto



FESTA DA DORNA (RIVEIRA): 24 de Xullo



FESTAS DO APÓSTOLO (SANTIAGO): 24 e 25 de Xullo



FESTA DO ALBARIÑO (CAMBADOS): Do 29 de Xullo ó 6 de Agosto



FESTAS DA PEREGRINA (PONTEVEDRA) (inclúe Peñas xD): A falta de confirmación oficial, son as dúas primeiras semanas de Agosto



FESTAS DE SAN ROQUE (CORME): 25, 26, 27 e 28 de Agosto




......E UN LONGUÍSIMO ETC.







E AGORA MOITA ATENCIÓN:


FESTA DO LICOR CAFÉ: Celébrase o 28 de Outubro na localidade ourensá de Leiro, no Concello de Berán, en plena comarca do Ribeiro, a 10 quilómetros de Ribadavia e do Carballiño.






Bueno, esto é así un resumo a granel dos platos digamos "fortes". Evidentemente non vou pasar o vrán de festa en festa (encantaríame, de feito soño con facelo algún día, pero polo de agora non podo). A ver o que se coce ó longo do vrán, pero xa vemos que citas non faltan.
Aparte teremos que ver a dispoñibilidade de cada un, que todos temos cousas que facer.

E como xa non me apetece escribir máis... ¡A TOSTALO!

sexta-feira, maio 18, 2007

A little bit of musiqueo

En breve teremos que facer unha crónica da noite do mércores (ti tamén Jorge), pero como agora ando ocupado cun fucking historiograma e mil cousas máis só vou subir algo de musiqueo interesante, aínda que Hugo non lle guste a "mezcla vasco-english".

A tostalo por aí señores!




segunda-feira, maio 14, 2007

Ascendidos e Campións

Despois do derradeiro viaxe que fixo un membro do C.T. (que casualmente fun eu... sen pancarta), unha nova aventura lle espera a este grupo de tolos.

Dende case tódalas partes de Galiza (esta vez si), e algún incluso dende o estranxeiro, poñeremos rumbo a Santiago con motivo das Festas da Ascensión. O mércores será un día grande, vai arder Compostela, e esta vez non pode haber excusas pra que ninguén falle a esta cita tan importante. Debemos deixar o pavillón ben alto, non somos uns calquera. ¡Somos o C.T., ostia!

Os convocados pra este partido son os seguintes:

Dende Vigo (Portugal): Salmonero

Dende Pontevedra: AliS

Dende Ferrol (con e aberto): Bender

Dende A Corunha: Urizen e Alfredinho

E dende a Pachamama, dous convidados de honra: Don Licorca e Miss Mary.

E en Santiago agardará por nós, coma sempre, a nosa anfitriona, Miss Lavigne a.k.a. Almóndega a.k.a. Philadelphia sister a.k.a. Fenicia.


Ogallá sexa unha desas noites pra lembrar, chea de risas, alcohol, comedia, verbeneo na Alameda, e tamén, por coincidencia de datas, podamos entoar todos xuntos aquelo de.....


Cuentan las lenguas antigüas
que un 14 de Octubre nació una ilusión,
su madre fue Sevilla y le prestó su nombre
y para defenderlo le dio una afición.


Ejemplo de Sevillanía,

familia roja y blanca del Sanchez Pizjuan,

mi corazón que late gritando ¡Sevilla!

llevándolo en volandas por siempre a ganar.



Y es por eso que hoy vengo a verte,

Sevillista seré hasta la muerte.

La Giralda presume orgullosa

de ver al Sevilla en el Sanchez Pizjuan.



Y Sevilla, Sevilla, Sevilla,

aquí estamos contigo Sevilla,

compartiendo la gloria en tu escudo,

orgullo del fútbol de nuestra ciudad.


Dicen que nunca se rinde,

y el arte de su fútbol no tiene rival,

más de cien años lleva mi equipo luchando

y abanderando el nombre de nuestra ciudad…


Ejemplo de Sevillanía,
familia roja y blanca del Sanchez Pizjuan,

mi corazón que late gritando ¡Sevilla!

llevándolo en volandas por siempre a ganar.



Y es por eso que hoy vengo a verte,

Sevillista seré hasta la muerte.

La Giralda presume orgullosa

de ver al Sevilla en el Sanchez Pizjuan.



Y Sevilla, Sevilla, Sevilla,

aquí estamos contigo Sevilla,

compartiendo la gloria en tu escudo,

orgullo del fútbol de nuestra ciudad.



O dito..... Santiago agarda por nós. A tostalo.






VAMOS MI SEVILLA, VAMOS CAMPEÓN