segunda-feira, novembro 20, 2006

É tempo de magosto


Un luns máis na vida do Comando Turko, e semella que a pasada fin de semana non deu para moito. E moita razón non lle falta a quen pense iso. Non vai moi desencamiñado, a verdade é que non.

Como ben sabe a población galega, xente nova e leña verde todo é fume. E por unha vez, aínda que só sexa por unha vez, aplicarei o frasario galego pra definir os dous días que precederon a este desafortunado luns de Novembro, no que aínda me dura a mala ostia despois dos feitos acontecidos na noite de onte, domingo 19.

Durante a semana foise cocendo a lume baixiño unha noite de venres que pintaba, se cadra, demasiado ben, e que rematou coma rematan todas nos derradeiros tempos que a este Comando lle tocou vivir. Quizais foi o problema. Pouco lume pra unha pota grande d'abondo. Ou quizais o problema, si é que o consideramos como tal, foi que a leña non estaba aínda pra arder.
Cocíase unha noite de castañas, coma nos magostos tradicionais, acompañadas de cervexa e unha mezcla de viño e cola que a xente nova de agora denomina kalimotxo. Todo isto gratis. Poño o de gratis pra vergoña de todos nós, e pra que nun futuro non volva acontecer o mesmo, e que non nos deixemos vir abaixo por culpa dun bus que nunca chegou. O do venres foi un deses días pra tachar no calendario. O único bo é que hai un que nunca falla. Bueno, mellor dito dous. Un é Mister Licorca. A outra... Miss Mary.

Despois chegou o sábado. Un sábado máis, sen ningunha novidade. Desfrutamos vendo a goleada do Sevilla ó Valencia, e ríndonos da estoupa que levaban algunhas rapazas e pensando nalgún xeito de poñerlle vermellas as cachiñas dalgunha outra, todas elas presentes na Cova Céltica.
A noite rompeu a eso das 4 da mañá. Remataba o peso neto da fin de semana, e este que vos escribe xa pensaba no día seguinte, no que tiña que estudiar, e no partido que se xogaría en Riazor a eso das 21:00.

Non quero falar do remate desta penúltima fin de semana, porque aínda teño moi presentes algúns actos vandálicos desa xente que proveñen do sur do país e que se consideran unha afección civilizada e formal, e pode que solte algunha barbaridade. O único que teño claro é que lles devolveremos esta "grata" visita que nos fixeron.

Punto e final deste resumo de dous días calquera. Poucos estímulos había, e os que había rematamos por matalos nós mesmos. ¡Qué lle imos facer!



P.D.: ANTES QUE REMATE O ANO..... FELIZ CENTENARIO PATRONA!

quarta-feira, novembro 08, 2006

Wer sind sie?


Outra finde máis C.T on tour. O pasado finde recuncamos na capital da NACIÓN xa case como parte integrante da súa fauna cotiá. Motivo: Intercampus. Desprazados: Fre, Ali, Tamara, Salmonero, Bender, Fenicia Lavigne & sister (nova incorporación a pesares da kinito-filia que sofre) e este berzas que vos conta.

Comezou a noite con reminiscencias do relatado nos ilustrados e amplos "Relatos dende a Catedral" cos que xa nos obsequiou o gran Fre. Unhas Estrellas /EGHSTLELLAS/ aínda que sen o inventor do termino, e rumbo ao O(u)rense onde entre cuncas que mesturan champán e sidra e licorcas que saben a "cú" para unhas e a aderezo para tiramisú para outros, fomos caldeando a noite para preparar a ascensión ao noso particular monte calvario : O multiusos do Sar /SAGHL/ . Uns cantos albariños e algunha que outra Estrella /EGHSTLELLA/ para a hidratación do señor Bender, aderezados con pincho-crocodilo-patacas e bocatas deses que valen menos que unha imaxe, e xa estabamos listos para comezar a autentica invasión; non sen antes preguntármonos: ¿Que é a xeomatría?.

Teremos que supor que o senso de orientación non é algo que abonde nos estudiantes de filoloxía, (para mostra repasemos o rodeo de Ulises) -mais o importante non é a meta senón desfrutar do traxecto- así que dando un paseíño para uns (que gracias ao mesmo conseguiron "desaliñar" a cachola), e camiñata tortuosa para outros, chegamos á fín ao multiusos cheo e recheo, onde relembrei o conto do anano e os garabanzos no tunel, que tan bizarra fixo a miña infancia. Meditamos un anaco longo -disto poden dar conta mellor outros- e coa frase "O que entra non sae" na cachola introducímonos na festa: poucas camareiras...¿demasiadas gogós? e moita moita moita "Cultura de Club", pero a grandes riscos pagou a pena ata que o Salfumero e un servidor remataron por piltrarse nas galerías abafados pola calor e a falta de asentos, poñendo case punto e final a noite festiva (con ese "Años 80" de Los Piratas e o "20 de Abril" que xa son parte da nosa B.S.O).

Polo camiños perdemos membros ou iso lembro, disgregámonos antes de chegar a estación con borracho perseguidor incluido, e rematamos nun tren gratuito que como diría Andres Dobarro "o tren que me leva pola beira do miño...vai cheo de dormidiños" escoitando Tool e aguantando o sono chegamos a Ítaca....á fín.

P:D: A documentación grafica correrá a cargo de Ali, fotografa oficial do C.T

P.D 2: Se non è vero, è ben trovato...

Escoitando: Días extraños-Bunbury & Vegas