Cando o teu día pode resumirse nunha frase da túa xefa a última hora do tipo "Alba, quédate abierta, que aún queda un señor", daste conta: aquí algo vai do revés.
Despois dun ano de puro desgaste físico e anímico, horas e horas de buses, grandes esforzos con semellantes fracasos como resultado, os cartos da túa última beca invertidos nun carné que non sirve de nada, traballo en balde, estudio inútil, contactos, contabilidade, axencias, hiperactividade como tapadeira da realidade, despois de por fin chorar outra vez, de desgustos e desilusións que nunca chegaría a esperar, impotencia ante situacións para mín inimaxinables e inexplicables... agora estou cansa, agora teño sono.
Agora doume conta de que xa non río coma antes.
Botando agora a vista atrás reordenaría as miñas prioridades, planificaría mellor o meu tempo e recolocaría a miña axenda. Pero tamén agora son consciente de que o resultado sería o mesmo. Este ano aprendeume que moitas das circunstancias da túa vida non dependen nunca nin do teu esforzo, nin da túa vontade, nin dos teus méritos, nin do tamaño da túa axenda. Pois se o tempo é unha liña, non pode haber "montaditos".
¿E qué vas facer?¿perder toda esperanza?. Non son pedra que deba levar o río. Teño pernas, xa vou eu sola.

4 comentários:
Y mañana será otro día,
depende del cristal con el que miras.
Todo es horrible o terriblemente bello.
Xa cho dixen persoalmente, pero pra que quede aquí plasmado, noraboa por este post. Sei que vai dar que falar, e quero ser o primeiro en quebra-lo silencio que nos arrodea.
Todo eso do que falas forma parte da túa vida. Xa non o podes arranxar. Agora, o mellor que se pode facer, é aprender dos erros que cometes. Eu levo algún tempo intentando facelo. ¿Apúntaste?
Homé! Faltaba máis. Os meus erros son meus, e eu son os meus erros + a miña aprendizaxe . Non hai máis!
Lendo esta marabilla unha e outra vez, dame por pensar que en realidade non che fai falla asistir as leccións pouco transcendentais que se imparten no parlamento... a vida as dá por sí soas.
Agardo que desfrutes moito a Odisea ¡jroña que jroña!,(En persoa seguirei facendo coñas varias pero xa me coñeces)
Dejaré una perla que no me pertenece para que la masquéis: Delfos está lleno de gatos...
Enviar um comentário