sábado, fevereiro 17, 2007

Hace tiempo


Entre dados da verdade e preguntas sobre cómo e canto muda a xente; e coma sempre no Parlamento Céltico; escoitei estes días unha desas verdades que levaba un tempo querendo escoitar, esas que somentes a xente que trata a miudo con un pode enunciar, súbitas, sinceiras, ceibes de prexuizos e liberadoras.

- Volvícheste un "blandengue"-


Cá fín de saber se isto é certo fareime en primeiro lugar unha pregunta: Son brando agora ou quizais fun brando sempre?. Dos varios "-Pero mira que es desagradábel-", "-Ti semellas un tipo duro-" e "-Tí nunca te complicas, sempre ao teu rollo-" que levo escoitado. Concluiríamos que no fondo non fun brando noutrora. Por outra banda os "-Eres un cacho pan con patas-" ou "-En el fondo tienes muy buen fondo-" apoian outro punto de vista sobre o tema. Se eu mesmo nunca o teño agora claro, deduzo que o resto da xente tampouco; o punto de vista quizais? o día da semana?...descoñezo a resposta...Cal é o nome da canción coa que me definiría?.

O que si recoñezo e que dun tempo a esta parte a míña vida cambiou bastante, e niso coincido co resto da xente que opina o mesmo. Houbo un punto de inflexión. Hai uns anos chegaba á capital do imperio cheo dese valor estúpido que me soe acompañar nas situacións comprometidas -coma a vez que me metín no grupo dos que sabían nadar en natación e uns cantos litros de agua tragados amosáronme o contrario- e cheo tamén doutra sensación ...medo?? .... expectación?? ...dúbida??... non me lembro cal era...ilusión??...sí, iso é, definitivamente a ilusión e os cambios están moi relacionados.

Nos primeiros meses descubrín moitas cousas: Que non sabía nada, que desexaba aprendelo todo, que son quen de habitar lugares meirandes ca cidade de cristal e sobre todo o profúndamente só que un se pode sentir nunha cidade de case 4 millóns de cadáveres. Era eu entón un máis.

Con esa soidade ao meu carón tiven tempo de descubrír moitas cousas sobre mín mesmo e desenrolei un master sobre a Hipocresía nas relacións humanas que apenas nunha ducia de persoas deixei de poñer en práctica. Non mermaron aínda así a miña ilusión, nin as ruas xemelgas unhas das outras, o automatísmo dos peóns, o ceo terríbelmente azul, orfo de nubes e aberto que semellaba sempre disposto a caer sobor de min, nin os fríos dedos cos que o vento da "sierra" enbranquecía a pel das miñas mans. Fixen dela lúa chea na fiestra das noites escuras, lume na friaxe das semanas sen calefacción, e compatriota cando ninguén entendía os meus xuramentos; ben en murmurios ou ben en berros; nesta nosa língua. APC, Chejov e Eisenstein tiveron moito que aportar tamén.

Pero como xa díxen nunha metrópole hai moitas cousas que facer, sobre todo coa ilusión. Compartila e deixala fluir a través dun son cousas que xa aprendín ben entrada a primavera e que desfrutei ata o verán cando terminou a primeira parte da viaxe, coma reza o meu brazo dereito.

Para cando voltei, a cidade de cristal non era a mesma. Eu tampouco.

O verán durou o que tarda en chegar o inverno... e coma un tolo atravesei novamente as 7 horas de tortura de rigor ata albiscar ao lonxe os millóns de luces da gran metrópole entre as que escintilaba o único que
xa meirande que a GranVía, non puidera meter na maleta. Ese inverno voltei buscala coa mesma compaña... as ruas xemelgas, o automatísmo dos peóns, o ceo terríbelmente azul, os fríos dedos e a enbranquecída pel das miñas mans. Atopeina preto da Avenida de América xa na serodia primavera. Aperteina ata afogala coma un tolo que aperta un misto, perdido no medio da Antártida ... e vin como despois me abandoaba en Méndez Alvaro en forma de paxáro desafiante a bailar un vals aéreo entre os autobuses, soaba Lucky de Radiohead creo lembrar.

Penso que dende entón levo tatuado entre as costelas un "I am Jack's Broken heart" que apenas se esvae uns cantos segundos ao ano, abondo para me deixar tomar alento e endurecerme.

Quizais este post é máis longo do que debería pero non máis do que necesita e quizais tamén é máis brando do que debería pero de seguro menos brando do que son agora que o remato.

4 comentários:

Anónimo disse...

¡Pero qué moníííísimo sales! <:-O

Quizás este post no es tan largo, aunque a mí me parezca corto.

Quizás me parezca me parezca blando, aunque seas algo duro.

Quizás lo importante sea moverse, aunque estés haciendo algo.

Quizás... haya que tomar una iniciativa.

Alfredinho disse...

E quizais, como xa dixen noutras ocasións, esa iniciativa está dentro de nós.

Se non somos quen de cambia-la nosa propia vida... ¿será alguén quen de cambiala por nós? A resposta é... NON

Quixen comentar antes este post, pero nin tiven as ideas nin o tempo suficiente pra dicir algo que pagara a pena.

Nin brando nin duro... simplemente TI.


C.T. on Tour 2007: Vou pra Pontevedra. Unha parada máis na que en breve deberemos baixarnos todos xuntos, non eu só coma nesta ocasión. Saúdos!!

Anónimo disse...

Me pediste un cometario, y ahi te va, primero me gusta que escribas asi, me recuerda a tus poesias, q son muy buenas y dicen mucho de ti.Segundo recordando lo q lei y viendo esto, solo me queda pensar q quizas hables de ese punto de "madurez" del q discutimos tantas veces, y tercero mas de una vez has dicho q tenias q conocerte y entenderte a ti mismo para entender a los demas, puede q esta sea la punta de tu iceberg.

La verdad, es q quiza alguien te conozca mas de lo q tu piensas y tu realmente sepas mas de ti de lo q tu crees.

SE TU MISMO, y pegale una patada en el culo a esa coraza q tienes por bandera.

PAU

Urizen disse...

Grazas...

Fdo:El hombre acorazado