terça-feira, outubro 16, 2007

Cando algo cheira...

Xa non é que non se teña sentido do humor... penso que ninguén se pode erixir no endeusamento do galician-pop máis cutre, achegarse a canto politiqueo hai, e aínda por riba escribir tan mal...

Aduaneiros é e será pese a quen lle pese a mostra máis importante do humor galego, da autoparodia que nos legou Cunqueiro e que xente coma ti envilece, e que tan de moda se puxo nas miles e miles de camisolas que xa comezan tamén a cheirar (Seguro que tes algunha no caixón ¿¿non sí??), incluso a miña. Nunca fun abandeirado de nada pero dende aquí simplemente quero amosar o meu profundo noxo ante a falsa intelectualidade que mora nesta terra.

Dende hoxe penso arrincar os ollos a calquera que ouse sintonizar na miña presenza o programiña no que tan humildemente colaboras nesa telegaita nosa que hoxe vexo ; por imposíbel que pareza; peor que co PP.

Vieiros
Chuza

1 comentário:

Alfredinho disse...

Eu entereime hoxe pola mañá, cando aínda non eran as 9, degustando un colacao e unha deliciosa napolitana de chiculate. Case morro no noxo.

A verba trapalleira queda curta.