sábado, março 17, 2007

Detalles


Lembro aquel día que propuxen ir a Ortigueira. Flotaba no ar un sentimento de recelo, mais ó final acabamos naquel campo, con 2000, 3000, 4000 tendas de campaña ó redor. Aínda hoxe sego sen saber explicar o que sentín aquel venres 7 de Xullo de 2006.
Véxoo agora como moi lonxano, mais nunca deixou de estar aí.
Lembro como nos xuntamos todos na Estación de San Cristobal (moitos aínda non saben que a estación do tren da Coruña se chama así). O viaxe irrematable cara a vila de Ortigueira, o momento de baixar do tren e comezar a contemplar a inmensidade, a colocación da primeira tenda, o primeiro paseo cara o pobo, a parada no supermercado e, sobre todo, aquela noite de venres.

Para moita xente aquel concerto non foi do mellor que se vira en Ortigueira (hei de dicir que dende o punto de vista crítico pra min non estivo á altura), mais eu lémbroo con nostalxia. O ben que o pasamos aquela noite, rodeado de xente que, dun ou doutro xeito, admiro, e faltando algúns que por uns ou outros motivos non estiveron....

Lémbrome hoxe de todo isto polo que nesta noite de sábado de Marzo pode acontecer. Xa había tempo que eu sabía da existencia do concerto de hoxe en Compostela. Digamos que nos gustos musicais eu non me caso con ningún grupo, pero teño as miñas preferencias. Sabía perfectamente que ningún dos persoeiros que compoñen o C.T. ía estar disposto a soportar as 5 horas de rock que me vou meter hoxe entre peito e costas, así que decidín tomar unha decisión unilateral.
Lembro agora tamén aquel día no que me enterei de que a Selección Galega ía xogar en Santiago. E por agardar a que a xente se decida... quedei sen entrada. Dende aquela non me volveu pasar algo así. Se teño que ir eu só ós sitios que me apetece, pois vou, sempre e cando estén dentro das miñas posibilidades. De seguro que en breve volverá acontecer o mesmo, cando o viaxe a certo campo de fútbol se planee. E senón... xa volo direi eu.
Perdón por enredar tanto. Volvo ó tema... tomei a decisión unilateral de ir ó concerto a Santiago. Busquei xente dos mesmos gustos musicais e que estivera disposta a soportar unha sobredose de rock (hace falta más rock & roll). Atopei a esa xente e merquei a entrada.
Comenteille ás miñas intencións primeiro a A e despois ó resto do Comando. Despois duns momentos de reflexión, tomaron a soberana decisión de gastar unha noite máis das súas vidas nas rúas compostelás, co fin de xuntarnos todos ó remate do concerto.

Este tipo de detalles, que parecen insignificantes, son os que fan que me sinta orgulloso desta xente. Non o tomedes como se fose un egocéntrico, como se eles por collóns me tiveran que seguir na noite de hoxe. O fixeron porque quixeron, nen máis nen menos, pero non podo senón agradecérllelo por non deixarme "só" nesta nova aventura.
A xa estará alí por motivos de traballo (joder, que ben soa eso).
O único que me queda a estas alturas por desexar é que o que en principio só ía ser unha noite de concerto (e vaia concerto) se transforme nunha nova traxicomedia do C.T.



3 comentários:

Urizen disse...

1/"...Cando o viaxe a certo campo de fútbol se planee." Conta comigo xa.

2/Coma puxeches no comentario, penso que non importa o que pasa nesta "bola" recuberta de pelo, o realmente importante é que axudes a que pasen cousas nela.Danke

3/E esa conversa casual, moi casual, no tren acaba de abrirme os ollos. Déboche(aos dous)un curso de Photoshop e un pase vitalicio para desfrutar do novo C.S ¡This is Living Salinas!

Encántanme as viaxes en tren

Fenicia disse...

Traxicomedia?
Vedes como todo vai dar a Grecia?

Salmonero disse...

Deseando que llegue la próxima, y la siguiente, y otra más... Repetir y mejorar si cabe cada momento vivido, da igual el lugar siempre que sea con la misma gente y las mismas ganas de divertirse, repetirlo tantas veces como sea posible y que nunca llegue el momento de recordarlo como si fuese un sueño lejano...