Despois de 15 días decidín que xa era hora de contarlle ós poucos lectores que temos o desenvolvemento daquela noite en Santiago que, para alegría de uns e tristura de outros, foi "grandiosa".
Non lle pidamos mazás ó carballo porque na vida as vai dar, igual que as rás nunca van criar pelo por moito que recollan os que me caen a min. Non poñamos de excusa que chegamos moi cedo. Pasou o que tiña que pasar. Estivemos os que tiñamos que estar, sen darlle máis voltas. Cinco indivíduos, somentes cinco. Salmonero, Urizen, Mrs. Ferreiro, Ali Confidential e este que vos fala, vos escribe, redacta ou como carallo se lle chame a isto.
O caso é que a primeira remesa de soldados chegou a Santiago pasadas as 18:30 horas. Daquel tren desembarcaban os cabaleiros chegados dende a cidade herculina, o Xeneral Urizen e o Comandante Alfredinho. Para coidar de que non nos perdéramos entre a vía e a cafetería da estación, unha muller de ollos tinguidos de cor negra achegouse a nós, ou nós a ela, ¡qué carallo! A Almirante Ferreiro suxeriu tomar a primeira das cervexas na cafetería da estación mentres agardábamos ós dous compañeiros que arrivarían á Capital de Galiza prodecentes do Sur.
E na cafetería chegaron as primeiras risas. O acento cirílico do camareiro sacou a relucir a fermosidade dos nosos dentes. Case non rematara a miña "Eghtlella" cando unha señorita anunciaba por megafonía a chegada do tren procedente desa aldea do sur chea de costas arriba chamada Vigo. Chegaban o Capitán Salmonero e a Subcomandante Ali.
Ascendendo cara a Rúa do Franco chegou a primeira saturación, provocada por Urizen e Ali, da dichosa serie "Prision Break". Confésovos que estou ata o carallo de oir falar dela, pero aínda non se me dou por ver nengún capítulo (¡viva House!).
Se non me traizoa o subconsciente, que no meu caso e moi fillo de puta, a nosa primeira parada gastronómica foi no Bar Ourense, onde as cuncas están a 0,40 €. Xa me diredes se non é motivo suficiente pra parar obligatoriamente.
O certo é que non me lembro onde seguimos a ruta. Penso que foi no sitio no que che daban un filete de raxo de pincho cando pedías algo de beber, pero non me fagades moito caso. É unha mágoa que non me lembre do nome dese sitio, porque fan uns bocadillos de xamós asado con queixo.... ¡impresionantes! Dígovolo porque entre viño e viño, e un pouco máis de viño, retornamos alí máis tarde pra cear algo en condicións.
A Casa das Crechas podería ter sido unha parada, se non fóra porque a eso das 23:30 estaba a tope, sobre todo a tope de guiris. Había un deses concertos en directo, e alí o meu bandullo non cabía, nin a miña suor tampouco. De todos xeitos, cando xa entráramos na madrugada do día 12, volvemos alí e nese momento sí que tivemos sitio pra sentarnos a tomar algo e, de paso, que algunha botara unha soneca.
Evidentemente, conseguín o meu propósito de cantar diante da Catedral aquelo que dí:
"Traio un cantar miudiño
miudiño, miudiño,
miudiño, miudiño,
o que eu traio. (bis)
Eu traio unha borracheira
de viño, que auga non debo mirar.
Mira Maruxiña, mira
mira como veño. (bis)
Traio un cantar miudiño
miudiño, miudiño,
miudiño, miudiño,
o que eu traio.
Eu traio unha borracheira
de viño, que auga non debo mirar.
Mira Maruxiña, mira
mira como veño."
Non vos podo contar tódolos detalles da noite, porque foron moitos. Pódovos dicir que non faltou á cita a esencia da terra, o licor do negro café, nin tampouco Lamatumbá co seu "Lume", que para nós xa é un himno, o noso himno, o himno do C. T.
A eso das 6:30 da mañá chegou o chiste da noite cando nós estábamos sentados pra comer algo antes de marchar e apareceu por alí o paisano este do "Cifras e Letras", o que controla de números, e cando xa pasara por diante de nós largueille en tono máis que normal aquelo de: "por unha banda temos, 75 x 2 = 150..."
Cal foi a miña sorpresa cando me dei conta que o tipo me escoitara e me espeta: "Moi ben, podes vir ó programa" En fin... risas de tódolos tipos, algún con gafas de sol, e outros esperando unha pizza que nunca chegaba e que tiven que rematar eu, moi a pesar das miñas intencións, xD
E así, queridos lectores, quedou constancia de que o C. T. seguimos na brecha, que non nos achicamos ante nada, que se temos que coller un tren de reenganche collémolo e se temos que invadir Santiago a base de cuncas... ¡FACÉMOLO!
Unha noite para lembrar, cun amplo documento gráfico dispoñible. Unha noite máis na nosa vida. Unha noite na que se amosou por enésima vez que o importante non é o lugar, senón a compañía. I é que non é o mesmo uns que outros.
I é que non é o mesmo ver un partido dende Pabellón que dende Maratón....
¡Aí vos queda iso!
Un saúdo
2 comentários:
Amén.... y amen
Bueno bueno!!! ya veo que el comando turco avanza imparable hacia una gran invasion!!!Espero que dentro de poco el escuadron o una avanzadilla venga a la isla para dejar su bandera!!! Cuidaros
Enviar um comentário