segunda-feira, outubro 09, 2006

Preparando a "1ª Invasión á Capital"


Non sei o que pensarán os meus compañeiros do C.T., pero penso que este blog debería exercer tamén de punto de comunicación entre nós, así que como tal o vou a usar nesta ocasión.

Por se algún anda desinformado, estamos preparando a invasión á capital da Galiza que se procederá a executar o vindeiro mércores 11 de Outubro. Como anfitriona exercerá Mrs. Alba Lavigne (tamén coñecida como Alba Ferreiro), mentres que, a falta de confirmación, parece que os desplazados dende o Sur serían o Salmonero e "Ali Confidential", mentres que dende o Norte acorralaríamos a cidade entre Urizen e Alfredinho (estes dous seguro), e a posibilidade de incorporación de Ino, aínda que como digo falta a confirmación. Causa baixa forzada o señor Bender, pero que non se preocupe que faceremos outra invasión mellor organizada en vindeiras datas.

A celebración deste acto vén proposta porque o día 12 de Outubro é festivo, pola invitación da anfitriona e, ademáis, polo interese gastronómico-alcohólico que ten Santiago.
Coma sempre, contamos co patrocinio de Estrella Galicia, o licor do negro café e tódolos Caciques, Barcelós, Bacardis e demáis xentes que nos queiran axudar a pasalo ben e facer desta 1ª invasión unha noite inolvidable.

E pouco máis... Xa sabedes, se o mércores vedes a un Comando raramente organizado paseando polas rúas de Santiago cocidos coma centolos.... seremos nós, sen dúbida algunha.

A tosta-lo xurel.
¡¡¡VÉMONOS EN SANTIAGO!!!

Frase do día: "Teño a boca coma unha cementadora" - Alfredinho dixit


Engadido by Urizen:
Palabra de Alfredinho... Let's toast the jurel
Invasión turko-selyúcida en progreso...

P.D: como molan os post mixtos...

5 comentários:

Checha disse...

O chungo hoxe vai ser diferenciar a alguén, que parece será a primeira gran invasón estudiantil!...todos ao tema...eu persoalmente vou a Piloño (terra de Carbia) a ver á PAnorama, Paris de Noia e Non-sei-ken-máis...vaia concertazo..jaja..
Un saúdo, turkolegas

Urizen disse...

Un saudo a tí tamén, gracias polo coment... e como diría fredo !pasao ben!

Alfredinho disse...

Bueno Checha, se che gustan as boas orquestas déixate de pataqueiradas imitadoras de OT e cando podas achégate a ver á "Orquesta Jerusalén" ou á "Philadephia", aínda que esta última é do estilo da Paris e da Panorama.

En fin... que cada un vaia de festa onde lle pete. O caso é que haxa troula.

Un saúdo e... ¡pasádeo ben!

Salmonero disse...

Allá voyyyyyyyyyyyyy!!!!!!!!!!!

Checha disse...

O das orquestras xa ostia!...Ainda o sabado pasado en Carbia quedei flipado coa caña que lle meteron os da Philadelphia, e mais cando se encirraron a tocar canións de metallica e tal e tal...vou ter que rematar mercando a revista de fans da orquestra...jajajjaj!