Na noite do sábado 16 de Setembro de 2006, comezamos un novo curso os membros do Comando Turko. Coma sempre, reunidos no Parlamento, e acompañados, como non podía ser doutro xeito, de Míster Licorca, debatimos acerca de infinidade de temas, comprobando así que non perdemos a forma, aínda que os veráns nos fagan diminuír a nosa actividade socio-cultural.
Previo a todo isto, Urizen, Salmonero e este que vos fala acudimos ó Estadio de Riazor a animar
ó Dépor (uns máis ca outros, i é que a min o merengue non me sabe). Vibramos co partidazo (e golazo) que se marcou o novo Gran Capitán, e eu persoalmente volvín a quitar o sombreiro diante do Muro Rubio. Partido aburrido pero intenso nalgunhas fases do xogo, pero o máis importante é que se gañou 2-0, os dous chicharriños do Joan, e 3 puntos pro peto, que virán ben.
Saímos do partido e, como xa dixen, encamiñámonos cara a Cova, previo paso polo sitio dos bocadillos (non sei como se chama). Aquelo parecían os saldos, porque nunca víramos unha enchente tal no Parlamento. Non tivemos problema pra facernos cunha mesa e alí empezaron a rodar os licorcas (previa tónica de Urizen).
Apareceron tamén José de Arimatea e consorte (alias Aguión e Lucía), Alba "Ferreiro" e o señor Bender, personaxe da noite sen dúbida algunha por estar "hasta los huevos de María" e por ser merecedor dunha camiseta do F.C. Barcelona ou algo semellante. Xa vos contarei por qué.
Total, que chegado o momento, e ante semellante panorama que nos atosigaba, puxemos rumbo ó noso segundo punto importante de certas noites, nese no que serven o kalimotxo con osiños de gominola. Salmonero e este menda, con cadanseu vasiño de litro, e Bender ca súa cervexa. Alí nos puxemos a debatir ata que se puxo a chover e iso nos obligou a meternos debaixo dos soportais das casas, onde atopamos a Ali & Friends, que xa pasaran previamente pola Cova pero ante a escaseza de sitios onde pousar o cú, decidiron partir.
E alí, entre conversa e conversa, apareceu unha pobre muller á que dous amigos non eran quen de espertar, xa que quedara durmindo baixo circunstancias descoñecidas ou baixo os efectos dalgunha sustancia estraña (non quedou moi clara a cousa). A rapaza era como un auténtico saco de patacas. Igualiño. Entón, o máis sabio entre os sabios, decidiu dar un paso ó frente e tender a súa man inocente para axudar.
Ningún de nós (refírome a Salmonero, Urizen ou eu) sabe qué foi exactamente o que Bender estivo a debatir con aquela xente durante aproximadamente 30 minutos. Era coma unha O.N.G. con patas (para que quede claro, de aí vén o da camiseta do Barça, idea de Urizen), prestando a súa inestimable axuda nos momentos malos que poden suceder na noite dun sábado calquera.
Ante o fracaso acarreado polo señor Bender, puxemos punto e aparte á nosa estancia naquel recuncho da cidade, e tomamos rumbo cara o Orzán, onde a nosa estancia foi, por denominalo dalgún xeito, moi breve.
E así, entre "prototipos de sociatas babiosos", "pescadillas que se mordían a polla" e testimonio dunha persoa que alegou "no sé lo que mide", foi decaendo a noite deste primeiro día de curso etílico.
Non pensedes que este blog vai ser sempre así, pero é que sería moi triste, como ben dixo Urizen, falar das nosas noites de juerga nos nosos blogs persoais.
Aquí podemos expresarnos libremente, falar de todo e de tod@s (por certo... ¡cómo anda a xuventude!), poñernos a parir e incluso comentar as novas que vaian sucedéndose neste mundo, que estamos desexando que pare para baixarnos del.
Aquí tendes sitio todos, hai liberdade de expresión. Só hai que sentirse con gañas de redactar. Se admiras a nosa labor... cojonudo. Se odias este blog... non nos dés moita caña, por favor.
En próximos post presentaremos, como dixemos, ós membros do Comando, tanto ós que escriben (que seremos dous ó final... ou un) coma os que non o fan.
Mentres tanto disfrutade da vida e lembrade... NON POR MOITO MADRUGAR VEREDES ÁS VACAS EN CAMISÓN.
Un saúdo!

Sem comentários:
Enviar um comentário