quarta-feira, novembro 08, 2006

Wer sind sie?


Outra finde máis C.T on tour. O pasado finde recuncamos na capital da NACIÓN xa case como parte integrante da súa fauna cotiá. Motivo: Intercampus. Desprazados: Fre, Ali, Tamara, Salmonero, Bender, Fenicia Lavigne & sister (nova incorporación a pesares da kinito-filia que sofre) e este berzas que vos conta.

Comezou a noite con reminiscencias do relatado nos ilustrados e amplos "Relatos dende a Catedral" cos que xa nos obsequiou o gran Fre. Unhas Estrellas /EGHSTLELLAS/ aínda que sen o inventor do termino, e rumbo ao O(u)rense onde entre cuncas que mesturan champán e sidra e licorcas que saben a "cú" para unhas e a aderezo para tiramisú para outros, fomos caldeando a noite para preparar a ascensión ao noso particular monte calvario : O multiusos do Sar /SAGHL/ . Uns cantos albariños e algunha que outra Estrella /EGHSTLELLA/ para a hidratación do señor Bender, aderezados con pincho-crocodilo-patacas e bocatas deses que valen menos que unha imaxe, e xa estabamos listos para comezar a autentica invasión; non sen antes preguntármonos: ¿Que é a xeomatría?.

Teremos que supor que o senso de orientación non é algo que abonde nos estudiantes de filoloxía, (para mostra repasemos o rodeo de Ulises) -mais o importante non é a meta senón desfrutar do traxecto- así que dando un paseíño para uns (que gracias ao mesmo conseguiron "desaliñar" a cachola), e camiñata tortuosa para outros, chegamos á fín ao multiusos cheo e recheo, onde relembrei o conto do anano e os garabanzos no tunel, que tan bizarra fixo a miña infancia. Meditamos un anaco longo -disto poden dar conta mellor outros- e coa frase "O que entra non sae" na cachola introducímonos na festa: poucas camareiras...¿demasiadas gogós? e moita moita moita "Cultura de Club", pero a grandes riscos pagou a pena ata que o Salfumero e un servidor remataron por piltrarse nas galerías abafados pola calor e a falta de asentos, poñendo case punto e final a noite festiva (con ese "Años 80" de Los Piratas e o "20 de Abril" que xa son parte da nosa B.S.O).

Polo camiños perdemos membros ou iso lembro, disgregámonos antes de chegar a estación con borracho perseguidor incluido, e rematamos nun tren gratuito que como diría Andres Dobarro "o tren que me leva pola beira do miño...vai cheo de dormidiños" escoitando Tool e aguantando o sono chegamos a Ítaca....á fín.

P:D: A documentación grafica correrá a cargo de Ali, fotografa oficial do C.T

P.D 2: Se non è vero, è ben trovato...

Escoitando: Días extraños-Bunbury & Vegas

3 comentários:

Alfredinho disse...

Só un "pero": NON ENTENDO O P*** ALEMÁN.

Polo demáis, verás que simplemente lle din un retoque á foto e puxen o texto xustificado, porque da outra maneira queda un pouco anti-estético.

Non hai queixa. Bonito resumo.

Urizen disse...

Xa aprenderas ac ac ac ac(sorriso pseudo maligno).

Esto... ben feito polos retoques que eu con esta plantilla non me empano...en fín sempre apoiando para que vexas que non es o único.

Falta adornalo con fotos.E non nos esquezamos de que: hai día en que valdría más...

Anónimo disse...

Bo. Eu non guiei á ida, de feito ía detrás con Fer e Lúa. Por outra banda, asumo totalmente a culpa da volta...sen sacrificio non hai vento a favor!
Dixen