terça-feira, janeiro 30, 2007

Quizais Fredo ten razón

Quizais Fredo teña razón, quizais non sirvan as excusas, quizais este é un blog de fin de semana de dous días de cada sete e non de día a día, quizais seña patético non actualizar en 21 días, quizais haxa días nos que sería mellor non saír da cama, entre a dor e a nada escollímos a dor?.

Quizais un só post de Salmonero cunda máis que mil meus, quizais debamos comezar a subir os capítulos de Prison Break, ou os vídeos de Paris Hilton, ou poñer fotos do cu de Jessica Alba, quizais ser doutra forma, romper a rutina, partir unha estrela e repartirmonos as rafas, ou seguir o ronsel desta singradura a fín de non sentírmonos S.O.S no cuadrante estantío das estrelas, poderíamos chamar por Kerouac porque antre nos hai un río de tristísimo outono, Quizais o teito sexa de pedra, de pedra sexan os muros i as tebras, de pedra o chan i as reixas...os corazóns dos homes que ao lonxe espreitan...

Quizais sexamos nós de pedra enfeitizados pola Gorgona na que se está a converter este Xaneiro que remata e o Febreiro que comeza, e que quizais sexa a gran besta que engulíu a Harvey. Quizais as nosas vidas son os ríos que van a dar a la mar, onde as armas e os Barôes assinalados que, da Ocidental praia Lusitana, Arma virvmque cano, troiae qvi primvs ab oris italiam, fato profugus, Du Dunkelheit, aus der ich stamme, quizais sexa mellor reflexar e non falar, quizais se agardamos no silencio...Escoitaremos: Prometo estarte agradecido...



P.D: Parafraseo de memoria... e escribo sen correción

segunda-feira, janeiro 29, 2007

Sen comentarios

Non me valen como excusas a falta de tempo, as gañas, o traballo, os exames, o frío, o "ay, qué malito estoy", nin esas mamonadas que habitualmente saen pola boca da xente en xeral.
Este blog construiuse pra algo, con gañas ou sen elas eu sigo co meu e Urizen co del, pero este vai de capa caída. Joder, poñede un vídeo, aínda que só sexa eso. Falábamos de metelo na Blogaliza, pero eu opino que é patético que nos visite a xente e que faga 21 días que aquí non se meta nada.

Resumo rápido de 16 post:

Alfredinho: 8 post

Fenicia: 1 post

Salmonero: 2 post

Urizen: 5 post


Non teño moito máis que engadir.




segunda-feira, janeiro 08, 2007

E o camareiro tiña Marlboro (Rashomon e fin de ano III) por Fenicia

Máis vale tarde que nunca.


Unha semana despois e aínda cunha cea e un día de Reis polo medio, vouno facer, o meu primeiro post.

Cheguei a Coruña a causa dunha servilleta da Cova dividida en dúas columnas, pros e contras, algúns repetidos e outros inventados, pero dun ou doutro xeito, o certo é que rematou o ano sen que eu tivera que volver pisar LP.Grazas.

Un mafioso de gravata branca abriume a porta do baixo, e despois dun saúdo e dun malicioso sorriso, tivo o pracer de ser o primeiro en chamarme punkarra esa noite (que non o son, por certo). E no tempo que tardaba este home en contarme o conto da gota asasina de móviles chegou Salmonero e apareceu o señor da casa. Imos logho.
De camiño engadimos ó pelotón ó tipo do pano na gorxa e a unha deslumbrante Aliza.
Despois disto...música, vodka, tabaco, puritos, ¨estás feita unha punkarra¨, Erpeche e a Húngara e sabe dios cantas cousas máis.

Que un camareiro che dea un Marlboro ás oito e pico da mañá, non ten prezo.


¨Que noite a daquel día.¨



Só podo dicir que grazas por todo o foi e o que será, pola compaña, pola aprendizaxe, polo ben que o pasamos e polo licor café de tódalas findes.



P.D. cero LP45

quarta-feira, janeiro 03, 2007

Rashomon e Fin de ano II (por Alfredinho)


Insuperable. Inmellorable. Inesquecible. Non teño outras palabras que non sexan esas. Rematou o ano 2006, e tan só 2 horas despois, este que vos escribe estaba acompañado desa xentiña que vedes na foto. Non teño ningunha dúbida de que foi o mellor fin de ano que pasei na vida. Se lle teño que poñer un "pero", que sexa o de que a noite non durara máis.

Tiña que resarcirme do que acontecera o ano anterior, e así foi. A ausencia de A no fin de ano do 2005 foi tapada nesta ocasión, algo que xa era de por si reconfortante. E despois, adquirimos nas últimas horas do clausurado 2006 a unha pseudo-punkarra que tiña pensado ir a LP45 en lugar de acompañar ó parcialmente desmembrado Comando Turko. Sen embargo, todos sabemos que dende Mallorca, dalgún xeito, Zeltia e Berto tamén brindaron con nós.

Era ó redor da 1:15 cando chamei á porta do "Centro Social O'Baixo". Recibiume un Urizen aínda sen alistar, pero preparado, coma tódolos demáis, pra pasar unha gran noite... ¡e tanto que foi así! E mentres agardaba polo mestre dos puritos, chegaron ó lugar de reunión Fenicia e Salmonero. Impactante escena á de Fenicia, máis punk ca nunca, con gravata e os Converse novos do paquete.
No Centro Social preparábase outra festa, pero nós xa íamos camiño da nosa.

Pasados uns minutos das 2 da mañá recollíamos a A na esquina da rúa onde se situaba o local onde se celebraría o festón. Hai que decir que nese momento Bender xa corría canda nós. 2 minutos de baixada e... ¡¡¡O COMANDO ESTABA PRESENTE!!!

Corrían os vodkas con limón para Bender, Fenicia e Urizen, o bacardi con trina de mazá para A e o Ron con cola e laranxa pra Salmonero e pra min respectivamente. Sonaba música moi distinta pero non moi desgradable. Sorprendente ver salir as letras de Maná da gorxa de Urizen, mentres A bailaba sen parada, coma se lle deran corda previamente ou lle incrustaran unhas baterías Duracell nas costas. Salmonero e máis eu... ó noso.

Chegou o momento purito e o momento "brindis" polos que non estaban. A algunha había que lembrarlle que o fume do puro non se traga para que non lle dera un mal, pero o certo é que tiraba del con estilo. Grandiosa foi a idea de Urizen de traer puros pequenos, non coma os do ano pasado que causaron estragos, polo menos neste que hoxe redacta estes feitos.

Seguimos con máis baile, máis fotos, máis cancións, máis Sabina, máis "Dulce castigo", máis "Baja por diversión" a cargo de Urizen e Alfredinho, máis mostras de amor, máis abrazos, máis bicos, máis alcohol, máis pitillos, máis festa, máis, máis, máis.... ¡MOITO MÁIS!

A noite fíxose moi curta. Demasiado curta. Algunhas desfaleceron por cansancio, pero penso que na súa memoria e na de todos nós quedará o fin de ano 2006. Grandioso. Impresionante. Insuperable. Inmellorable. Inesquecible.

Tiña ó meu redor á xente que máis quero, a A (nobody like you), a Salmonero (que cos abrazos que me deches vas servido pra todo o ano eh!), a Bender (si, si, si, nenita), a Urizen ("hay días en que valdría más que la noche fuese más larga"), a Fenicia (¿a que nunca pensaches en deixar LP onde está?), a David (que a pesar de non ser membro do C.T. é unha grandísima persoa).
Son grandiosos. Todos eles, sen excepción. Valen moitísimo máis dos 35 € da entrada, dos 2,40 da ducia de churros pra familia, dos non sei cantos €urazos de taxi e de tódolos cartos do mundo. E o ano que vén... ¿repetimos?

¡Un saúdo meus queridos compañeiros do Comando! ¡Brindo por todos vós!


P.D.: ¿Alguén se lembra dun socialista? xD

Rashomon e fin de ano I...

Inauguro o primeiro do que agardo seña un fío de posts que comparta nome e espírito. Tomo o nome dunha das meirandes obras mestras do gran Kurosawa coa intención de respetar o espírito da mesma. Para os non doctos Rashomon é un dos filmes chaves de Akira Kurosawa director xaponés, un dos grandes da historia do cine. Nela cóntase a historia dun mesmo crime dende varios puntos de vista completamente distintos dependendo de quen, como, e de que xeito é contada.

Aquí vai o meu grao de area

Entrada: 35 euros

Churros e chocolate: 18 euros

5 puros: Non me lembro

Beber catro vodkalimón a ritmo de Bender, Fumar un purito ao unísono co C.T, Cantar unha canción de Maná, Descubrir con Fenicia que o camareiro ten Marlboro, Sobar a Salmonero, Ser o manager do H2O, Beber un Burmanflash e Berrar con Fre por unha baixa por diversión

NON TEN PREZO

Se me restase un só día de vida non coñezo mellor compañía, nin mellor lugar nin contexto no que pasalo. E iso é moito máis do que alguen coma mín pode desexar.

GRAZAS

PD: Urizen:-¡Me he enamorao!-
Salmonero: -¡Qué rápido te enamoras tu!-
Urizen:-No te haces ni idea-