terça-feira, setembro 23, 2008

Domingos Cinemáticos


Comando Domíngos cinemáticos copia

Estas cousas son das que sempre falamos e que nunca facemos, esas tradicións meus amigos, iso rematou.

Entre dous membros deste comando en horas baixas, acordamos de xeito bilateral con esperanza de que se convirta en plurilateral propor algúns días para facer dos nosos gustos cinematográficos e televisivos particulares algo común.

Así pois damos comezo o que nun principio será a preselección de tema para a primeira sesion sen data fixada todavía, dos domingos ( ou outro día) cinemáticos do C.T. Para esa fin atopades a dereita nos links, unha enquisa pequena sobre cales poderían ser os Temas destas primeiras sesións, podedes comezar a votar xa (un ou varios), ou se non se atopa o que vos apetece entre eles podedes deixar nos comentarios algunha suxerencia ou poñela vos mesmos na enquisa con estas ferramentas de deseño tan fermosas coas que Google nos obsequiou.
----------------
Now playing: Luis Eduardo Aute - Cine,Cine
via FoxyTunes