quinta-feira, outubro 26, 2006

Relatos dende a Catedral


Despois de 15 días decidín que xa era hora de contarlle ós poucos lectores que temos o desenvolvemento daquela noite en Santiago que, para alegría de uns e tristura de outros, foi "grandiosa".
Non lle pidamos mazás ó carballo porque na vida as vai dar, igual que as rás nunca van criar pelo por moito que recollan os que me caen a min. Non poñamos de excusa que chegamos moi cedo. Pasou o que tiña que pasar. Estivemos os que tiñamos que estar, sen darlle máis voltas. Cinco indivíduos, somentes cinco. Salmonero, Urizen, Mrs. Ferreiro, Ali Confidential e este que vos fala, vos escribe, redacta ou como carallo se lle chame a isto.

O caso é que a primeira remesa de soldados chegou a Santiago pasadas as 18:30 horas. Daquel tren desembarcaban os cabaleiros chegados dende a cidade herculina, o Xeneral Urizen e o Comandante Alfredinho. Para coidar de que non nos perdéramos entre a vía e a cafetería da estación, unha muller de ollos tinguidos de cor negra achegouse a nós, ou nós a ela, ¡qué carallo! A Almirante Ferreiro suxeriu tomar a primeira das cervexas na cafetería da estación mentres agardábamos ós dous compañeiros que arrivarían á Capital de Galiza prodecentes do Sur.
E na cafetería chegaron as primeiras risas. O acento cirílico do camareiro sacou a relucir a fermosidade dos nosos dentes. Case non rematara a miña "Eghtlella" cando unha señorita anunciaba por megafonía a chegada do tren procedente desa aldea do sur chea de costas arriba chamada Vigo. Chegaban o Capitán Salmonero e a Subcomandante Ali.

Ascendendo cara a Rúa do Franco chegou a primeira saturación, provocada por Urizen e Ali, da dichosa serie "Prision Break". Confésovos que estou ata o carallo de oir falar dela, pero aínda non se me dou por ver nengún capítulo (¡viva House!).
Se non me traizoa o subconsciente, que no meu caso e moi fillo de puta, a nosa primeira parada gastronómica foi no Bar Ourense, onde as cuncas están a 0,40 €. Xa me diredes se non é motivo suficiente pra parar obligatoriamente.

O certo é que non me lembro onde seguimos a ruta. Penso que foi no sitio no que che daban un filete de raxo de pincho cando pedías algo de beber, pero non me fagades moito caso. É unha mágoa que non me lembre do nome dese sitio, porque fan uns bocadillos de xamós asado con queixo.... ¡impresionantes! Dígovolo porque entre viño e viño, e un pouco máis de viño, retornamos alí máis tarde pra cear algo en condicións.

A Casa das Crechas podería ter sido unha parada, se non fóra porque a eso das 23:30 estaba a tope, sobre todo a tope de guiris. Había un deses concertos en directo, e alí o meu bandullo non cabía, nin a miña suor tampouco. De todos xeitos, cando xa entráramos na madrugada do día 12, volvemos alí e nese momento sí que tivemos sitio pra sentarnos a tomar algo e, de paso, que algunha botara unha soneca.

Evidentemente, conseguín o meu propósito de cantar diante da Catedral aquelo que dí:

"Traio un cantar miudiño
miudiño, miudiño,
miudiño, miudiño,
o que eu traio. (bis)

Eu traio unha borracheira
de viño, que auga non debo mirar.
Mira Maruxiña, mira
mira como veño. (bis)

Traio un cantar miudiño
miudiño, miudiño,
miudiño, miudiño,
o que eu traio.

Eu traio unha borracheira
de viño, que auga non debo mirar.
Mira Maruxiña, mira
mira como veño."


Non vos podo contar tódolos detalles da noite, porque foron moitos. Pódovos dicir que non faltou á cita a esencia da terra, o licor do negro café, nin tampouco Lamatumbá co seu "Lume", que para nós xa é un himno, o noso himno, o himno do C. T.

A eso das 6:30 da mañá chegou o chiste da noite cando nós estábamos sentados pra comer algo antes de marchar e apareceu por alí o paisano este do "Cifras e Letras", o que controla de números, e cando xa pasara por diante de nós largueille en tono máis que normal aquelo de: "por unha banda temos, 75 x 2 = 150..."
Cal foi a miña sorpresa cando me dei conta que o tipo me escoitara e me espeta: "Moi ben, podes vir ó programa" En fin... risas de tódolos tipos, algún con gafas de sol, e outros esperando unha pizza que nunca chegaba e que tiven que rematar eu, moi a pesar das miñas intencións, xD

E así, queridos lectores, quedou constancia de que o C. T. seguimos na brecha, que non nos achicamos ante nada, que se temos que coller un tren de reenganche collémolo e se temos que invadir Santiago a base de cuncas... ¡FACÉMOLO!

Unha noite para lembrar, cun amplo documento gráfico dispoñible. Unha noite máis na nosa vida. Unha noite na que se amosou por enésima vez que o importante non é o lugar, senón a compañía. I é que non é o mesmo uns que outros.

I é que non é o mesmo ver un partido dende Pabellón que dende Maratón....

¡Aí vos queda iso!

Un saúdo

segunda-feira, outubro 09, 2006

Preparando a "1ª Invasión á Capital"


Non sei o que pensarán os meus compañeiros do C.T., pero penso que este blog debería exercer tamén de punto de comunicación entre nós, así que como tal o vou a usar nesta ocasión.

Por se algún anda desinformado, estamos preparando a invasión á capital da Galiza que se procederá a executar o vindeiro mércores 11 de Outubro. Como anfitriona exercerá Mrs. Alba Lavigne (tamén coñecida como Alba Ferreiro), mentres que, a falta de confirmación, parece que os desplazados dende o Sur serían o Salmonero e "Ali Confidential", mentres que dende o Norte acorralaríamos a cidade entre Urizen e Alfredinho (estes dous seguro), e a posibilidade de incorporación de Ino, aínda que como digo falta a confirmación. Causa baixa forzada o señor Bender, pero que non se preocupe que faceremos outra invasión mellor organizada en vindeiras datas.

A celebración deste acto vén proposta porque o día 12 de Outubro é festivo, pola invitación da anfitriona e, ademáis, polo interese gastronómico-alcohólico que ten Santiago.
Coma sempre, contamos co patrocinio de Estrella Galicia, o licor do negro café e tódolos Caciques, Barcelós, Bacardis e demáis xentes que nos queiran axudar a pasalo ben e facer desta 1ª invasión unha noite inolvidable.

E pouco máis... Xa sabedes, se o mércores vedes a un Comando raramente organizado paseando polas rúas de Santiago cocidos coma centolos.... seremos nós, sen dúbida algunha.

A tosta-lo xurel.
¡¡¡VÉMONOS EN SANTIAGO!!!

Frase do día: "Teño a boca coma unha cementadora" - Alfredinho dixit


Engadido by Urizen:
Palabra de Alfredinho... Let's toast the jurel
Invasión turko-selyúcida en progreso...

P.D: como molan os post mixtos...

segunda-feira, outubro 02, 2006

E iso que non estiven


"Imaxino o fume na Cova, as risas -sharpe...sharpe- , os licorcas -con xeo plis-, imaxino a quinta media pinta de Bender, que fan duas pintas e media, e a ninguen lle saen as contas -nada se perde todo se transforma-. Imaxino os dous paquetes de DD rubio -¿alguien quiere un purito?-, hai quen di que os salmóns xa non respiran, fuman (por outra parte tendo "roxias" non fai falla respirar). Imaxino os satélites que, a diferencia da homónima orquesta, sempre se recollen pouco despois das 12. Imaxino a cola dos taxis na praza de Pontevedra e... ¡a tostalo todos!

Imaxino a Fre en Pabellón Superior sufrindo ata que o muro louro dispón que o sevillano de Pontedeume anote, e Riki poida comezar a gustarse.

Imaxino porque non estando alí, estiven seguro, ata con Gafas de Sol..."


P.D: De onde non hai non se pode sacar.


Fdo: Un babuíno